06 / Maio / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Esta semana tivemos outra Aula Aberta no Centro Penal de Monterroso. Nesta ocasión, da man de Antonio García Vinuesa, divulgador científico e investigador na Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre cambio climático.
Foi unha xornada moi enriquecedora, unha oportunidade de achegar ciencia e debate máis aló dos muros de prisión. Os internos que asistiron participaron de forma moi activa e mostráronse moi interesados neste ámbito.
Esta actividade está encadrada na liña de motivación ao estudo e reforzo educativo dentro do Plan de Animación Sociocultural que se está a desenvolver nese centro, no que ademáis de Aliad-Ultreia participan o Grupo SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e o Ecigal da Universidade da Coruña e coa colaboración da Asociación Melisa, entre outros.
Este proxecto está financiado pola Fundación "la Caixa"
22 / Abril / 2022 · Por: Aliad Ultreia
Esta semana tivemos o obradoiro "Ocio e tempo libre. Propostas de voluntariado", os días 20 y 21 abril, no que creamos propostas de acción social e participación nas actividades da entidade.
Foron dúas xornadas nas que se creou un espazo super enriquecedor, de aprendizaxe e creación mutua, con moita implicación e compromiso por parte das persoas participantes
Espéranos un ano moi ben acompañadas con moitas ideas para desenvolver que se verán melloradas co bo saber facer e estar nas persoas voluntarias.